jueves, 22 de octubre de 2015

Vigo Bay Laser Extreme.

Abandono por KO

Cando me chegou o aviso por parte de Manuel Veiga informando sobre a organización dunha proba de vela de resistencia sobre Laser por parte do Liceo de Bouzas, en ningún momento se me pensei nas consecuencias. Inmediatamente me puxen en contacto con el para dicirlle que si. Si quero. O preciso. Teño mono. Despois de animar durante catro anos seguidos o Campionato Social do Clube Náutico Cobres, quedando seco e esgotado da súa organización, que noutro clube (xa que no meu non foi posible), xurdan outras ideas, outras actividades, o mínimo que podía dicir e siiiiiii.

Quedamos Benito e eu en representar a vela do Náutico Cobres pero desgraciadamente o meu compañeiro de múltiples batallas, co cal me alegraba reencontrarme nestas mesteres, xurdiulle un asunto máis importante, quedándome sen posibilidade de participación. Por carambolas da vida, Antón Camarero tamén se quedou sen compañeiro e rescatoume.

A proba, trátase dunha regata de resistencia, competindo equipos formados por dúas persoas, onde cada membro da unha volta o percorrido. A duración da competición era de seis horas, seguindo ese percorrido, coas tripulacións relevándose en cada volta. A embarcación, como antes comentei, era o laser. Un barco descoñecido para min, con fama de duro, pero o Liceo de Bouzas daba a posibilidade de utilizar as súas embarcacións da escola de vela e adestrar algúns dias previos a proba, polo que me dixen a min mesmo: porque non?

Como o formato era novidoso, houbo que facer un ensaio e comprobar como ía ser a dinámica da competición no relevo. Como plataforma de cambio se utilizaron zodiacs fondeadas. A verdade que o cambio lle daba un punto distinto a proba. Ese ensaio o realizamos na dársena de Bouzas con un día de pouco vento e a cousa foi ben. Eu encontreime cómodo co barco e o ensaio foi suficiente como para sacar conclusións de como podía ir a proba.

A fin de semán anterior a proba, puidemos ir novamente a adestrar, pero o sábado había moito máis vento. Ese día sufrín a falta de adaptación o Laser, custándome moito que navegase con soltura e xa comecei a terlle un pouco de ríspeto a cousa. Cinguindo e en popa a cousa se miraba distinta, máis complicada e traballosa. O barco pedía constantemente que o contrapesara, cazara, orzara e viceversa. Non deixaba ningún momento de relax, demandando atención e concentración para telo sempre vivo. O domínao con ventos un pouco menos esixentes xa tiven mellores sensacións, estando moito máis cómodo. Polo tanto, si podía elixir un prognóstico de tempo pediría: ventos frouxos a moderados.

Pero claro, no nome "Vigo Bay Laser Extreme" había un adxectivo que se tiña que cumprir, "Extreme". E se cumpriu! Previsión de vento do leste e con rachas de 30 nos. Vento do leste? Si un vento extrano para esta esquina da península ibérica, pero as borrascas que soen pasar por enriba de Galicia, neste caso pasou moi por embaixo. Menos mal, por que o EXTREME podería converterse en SUPEREXTREME, coa cantidade de veces que as tripulacións foron o auga, so faltaba ventos frescos ou fríos para minguar as forzas dos integrantes dos equipos. O aire seco e quente ambientou unha regata con temperaturas e olas case mediterráneas.

Antón, que levou o primeiro relevo, fixo unha espléndida saída, sendo o primeiro en cruzar a liña que forman a boia e o barco do comité de regata. Despois da primeira volta tocábame a min, e fixen o que puiden. Pero segundo ían pasando as voltas, a miña sensación estaba sendo contraditoria, en vez de querer que Antón chegara antes, prefería que cada vez se tomara máis tempo. Como pode ser iso si estaba inmerso nunha competición? Non son eu un tipo competitivo? Unha persoa que lle gusta medirse fronte os demais?

A realidade é que collendo o rumbo ata a boia de sotavento, o barco non era capaz de imprimirlle velocidade. Si orzaba, ameazaba con volcar e si me aproaba se freaba. A cousa non era mellor cando os ventos empuxaban por popa, o barco quedaba a capricho do vento e das olas, e o meu único pensamento era "como vou eu a frear eu isto". Segundo ían pasando os relevos o vento foi crecendo en intensidade, e eu cada volta pasaba máis tempo na auga e menos no barco. Por primeira vez na miña vida me sentín impotente, incapaz. Pese a ter forzas para adrizar o barco, non tiña valor para poñerme a caña para intentar gobernalo, sentía o medo a voltar a ser tirado o auga pola embarcación, como si dun cabalo se tratase o intentar domalo. Estaba KO.

Pese a non estar a altura do que o meu compañeiro se merecía esa tarde, non todo foi negativo. Como ben comentaba Carlos Mallo o mellor lugar para seguir unha regata é dende dentro. O espectáculo foi grandioso, desfrutar da navegación dos gañadores Alvaro Sobral e Antonio Parra, ver en acción a o medallista en Moscú Miguel Noguer, ben merece poñerse a remollo e sufrir uns poucos golpes. Tamén é de destacar o estupendo papel de Lolo, Carlos e Nico. Deume pena que Juan e Rafael, ideólogos, animadores e axitadores do evento, non ocuparan un mellor lugar na clasificación, como merecían.

Quédome con esta espiña cravada e con moitas gañas de quitarma. O estreo en laser foi intenso e con retrogusto, como beber vodka, primeiro queima o entrar no corpo ata o estómago e despois se aprecian os aromas agradables do licor. Espero ter máis oportunidades de participar en regatas como esta e en mellor condición.

Vídeo resumo dos mellores momentos da regata