sábado, 12 de abril de 2008

De principio a fin

Alfa e omega. Este comezo tan bíblico vén a conto do que aconteceu na terceira regata do campionato social do pasado día 12 de abril. Foi unha regata onde todo o que aconteceu é como se estivera predeterminado previamente, como si estivera escrito nalgures. Non houbo ningún imprevisto, ningunha sorpresa, e os acontecementos fluíron de principio a fin sen que ninguén poidera cambialos.

Se presentaron tres tripulacións plagadas de sustitutos: Manuel Veigal e Julia Mencía, Jesús Ferral e Xabier Cortegoso (sustituíndo a Alicia Meira) e Javier Marrero e Susana (sustituíndo a Pilar Ureta).

As posicións de saída marcaron o resultado final da regata. Nela estiveron moi finos Manuel e Julia que saíron en primeiro lugar, moi decididamente, cara a segunda boia. Tras eles, seguíndoos se colocaron Jesús e Xabier e Javier e Susana neste mesmo orde. Os perseguidores de Manuel e Julia viron como eles se alonxaban sin que estes lle deran nin a máis mínima posibilidade de achegarse, dende o principio o fin, ocuparon a primeira praza.

Jesús e Xabier ocuparon a segunda posición na saída vendo que Manuel e Julia se lle escapaban sin eles poder facer nada. Por atrás non lles ameazaban, polo que obtiveron a segunda praza sen problemas.

O terceiro equipo, Javier e Susana tampouco tiveron ningunha posibilidade de loitar pola regata. Susana era a primeira vez que se montaba nun barco, e o día non era como para dar un paseiño de iniciación, co seu aspecto gris, vento e auga. Ela, que o principio se mostrara impresionada cando lle comentamos a posibilidade de volcar, finalmente se quedou encantada do seu bautizo de mar. Alfa e omega, como rezan as pilas bautismales, bén que se bautizou. Probou a auga salgada, como está escrito para todo bó principiante que se precie. E prometeu que voltaría a navegar, pecadores nacemos e pecadores seguimos sendo, despois de non mostrar ningún arrepentemento de lanzarse a aventura de navegar. Pese a intentalo, non chegaron a rematar o percorrido e se acabaron retirando mortos de frío.

Como non hai principio sen fin, só queda felicitar os gañadores.

martes, 8 de abril de 2008

Final inesperado


A regata do pasado sábado día 5 deparounos algunhas sorpresas.
A primeira foi o vento, xa que a previsión do tempo, para ese día, anunciaba 2 nudos de velocidade de vento, na hora prevista para a saída. Cando alí chegamos case non se movía unha palla. Polo cal, decidimos cambiar a vela pola piragua. Naquel momento non daba a impresión que poderíamos realizar o segundo encontro do campionato. Pero cando estábamos remando na auga para sacar unhas fotos para a prensa, comenzou unha brisa xeitosiña. Rápidamente deixamos as piraguas en terra e preparamos os barcos. Como non sabíamos si aquela brisa se ía a manter, non pensábamos competir e a intención era dar unha volta en barco para que a xente se familiarizara co material. Pero esa calmada, despois convertida en brisa, rematou en vento forte, con algunha racha. Chegando a poñer en apuros as tripulacións para manter os barcos en pé.

Polo que o final decidimos poñer as boias e regatear. A pena foi que no mar só tíñamos tres tripulacións. Esa calma das catro da tarde fixo que os piragüistas (entre eles forman unha das tripulacións) saíran a entrenar, polo cal non poideron participar na regata. Pero non foron os únicos, xa que Xavier Araújo e Jesús Collazo o saír os primeiros do peirao non se enteraron de que a cousa ía en serio.

Polo que ó final a cousa quedou entre a tripulación Manuel Vidal e Julia Mencía (que sustituía a Benito Basanta) contra o Larache Team, é dicir, Yago Cereijo e Manuel Guimarey (sustituíndo a Natalia Botana).

Unha vez dada a saída, dirixíndose a segunda boia, as dúas embarcacións semellaban que ían intercambiando as súas posicións, dependendo das maniobras realizadas. Xa cerca da boia o barco de Manuel e Julia ía por diante, seguido moi de preto pola tripulación de Larache. Estes últimos viraron primeiro a estribor e logo a babor, nunha maniobra moi rápida, o ver que non podían librar a boia. Manuel e Julia reaccionaron virando a babor, tendo moi cerca a Yago e Manuel e en dirección perpendicular. Tan cerca, que o equipo de Larache estivo a punto de abordalos, pasando as costas de Yago rozando a botabara de Manuel e Julia . Foi unha maniobra tan axustada, que despois de esquivar o barco de Julia e Manuel, cerca estiveron de tocar a boia.

Este momento tan espectacular deu unha ventaxa a Yago e Manuel que parecía definitiva, xa que a distancia era importante. Sin arriscar, traslucharon sen problemas na boia de saída e encararon o inicio da segunda volta, mantendo a ventaxa. En zigzag se aproximaron a segunda boia e xa cerca desta, e vendo que non a superaban, se propuxeron virar a estribor. A maniobra foi fallida, polo que se recompuxeron para voltar a intentalo. Voltaron a fallar. Non hai problema, todavía temos marxen, pensaron para sí.

Entre tanto Manuel e Julia en principio adoptaron un rumbo máis aberto, máis cercano a terra, e con menos maniobras se dispoñían a superar a boia. A distancia que os separaba do outro equipo ía desaparecendo o non ser capaces estes de superar a segunda boia. Pasaron a boia con facilidade, sendo testigos das dificultades dos seus opoñentes. Xa so lles quedaba un tramo de empopada para celebrar a súa victoria.

Foi un final que non se podía intuir según como se desenvolvera a primeira parte da proba. A verdade con dous barcos, non poido haber máis emoción. Que ocorrería con catro barcos?

Felicidades os gañadores.

miércoles, 2 de abril de 2008

Campionato social de vela do Clube Naútico Cobres


BRILLANTE COMENZO

O sábado 29, por fin, comezou o campionato social de vela do Clube Náutico Cobres. Digo por fin, despois de tódolos retrasos que houbo: os problemas iniciais co material e os dous sábados con ventos con rachas de 20 nudos.

Pero ó fin comezou. Tíñamos boa marea e bastante vento. Máis ben poderíamos dicir moito vento, non tan fuerte coma os dous sábados anteriores, pero o suficiente para que das catro tripulacións, tres probaran a temperatura da auga.

Esto deixou fora de circulación ó equipo de Ton e Xavier R., que se botaron ó mar de primeiros e sufriron o momento de máis forte vento. A botavara do barco rompeu polo anclaxe antes de dar a saída da regata, polo que xa non poideron nin empezar. Teremos que esperar a próxima cita para que demostren todo o que levan dentro.

Alicia e Jesús F. tampouco poideron tomar a saída. O vento tamén xogou con eles, e no momento do sinal acústico estaban un pouco alonxados e non foron capaces de comezar. Prometen venganza na seguinte saída, polas caras que puxeron ó pisar terra.

Con dúas tripulacións fora de xogo, a regata quedaba en máns da tripulación Julia e Manuel contra a de Adrián e Benito. A loita foi intensa, comezaron tomando ventaxa Adrián e Benito, esta ventaxa se foi acortando ata a primeira boia. No tramo co vento de popa chegaron a estar igualados, pero unha maniobra moi limpa de Adrián e Benito na segunda boia lle deu a cabeza. Julia e Manuel tiveron a mala sorte de volcar nesa maniobra e perder tódalas posibilidades de superar os seus contrincantes pero se colocan na clasificación cun meritorio punto que os coloca segundos.

Noraboa os gañadores desta primeira regata. O resto estamos esperando entrar no campo de regatas para dalo todo.

Ata a próxima, regatistas.