martes, 8 de abril de 2008

Final inesperado


A regata do pasado sábado día 5 deparounos algunhas sorpresas.
A primeira foi o vento, xa que a previsión do tempo, para ese día, anunciaba 2 nudos de velocidade de vento, na hora prevista para a saída. Cando alí chegamos case non se movía unha palla. Polo cal, decidimos cambiar a vela pola piragua. Naquel momento non daba a impresión que poderíamos realizar o segundo encontro do campionato. Pero cando estábamos remando na auga para sacar unhas fotos para a prensa, comenzou unha brisa xeitosiña. Rápidamente deixamos as piraguas en terra e preparamos os barcos. Como non sabíamos si aquela brisa se ía a manter, non pensábamos competir e a intención era dar unha volta en barco para que a xente se familiarizara co material. Pero esa calmada, despois convertida en brisa, rematou en vento forte, con algunha racha. Chegando a poñer en apuros as tripulacións para manter os barcos en pé.

Polo que o final decidimos poñer as boias e regatear. A pena foi que no mar só tíñamos tres tripulacións. Esa calma das catro da tarde fixo que os piragüistas (entre eles forman unha das tripulacións) saíran a entrenar, polo cal non poideron participar na regata. Pero non foron os únicos, xa que Xavier Araújo e Jesús Collazo o saír os primeiros do peirao non se enteraron de que a cousa ía en serio.

Polo que ó final a cousa quedou entre a tripulación Manuel Vidal e Julia Mencía (que sustituía a Benito Basanta) contra o Larache Team, é dicir, Yago Cereijo e Manuel Guimarey (sustituíndo a Natalia Botana).

Unha vez dada a saída, dirixíndose a segunda boia, as dúas embarcacións semellaban que ían intercambiando as súas posicións, dependendo das maniobras realizadas. Xa cerca da boia o barco de Manuel e Julia ía por diante, seguido moi de preto pola tripulación de Larache. Estes últimos viraron primeiro a estribor e logo a babor, nunha maniobra moi rápida, o ver que non podían librar a boia. Manuel e Julia reaccionaron virando a babor, tendo moi cerca a Yago e Manuel e en dirección perpendicular. Tan cerca, que o equipo de Larache estivo a punto de abordalos, pasando as costas de Yago rozando a botabara de Manuel e Julia . Foi unha maniobra tan axustada, que despois de esquivar o barco de Julia e Manuel, cerca estiveron de tocar a boia.

Este momento tan espectacular deu unha ventaxa a Yago e Manuel que parecía definitiva, xa que a distancia era importante. Sin arriscar, traslucharon sen problemas na boia de saída e encararon o inicio da segunda volta, mantendo a ventaxa. En zigzag se aproximaron a segunda boia e xa cerca desta, e vendo que non a superaban, se propuxeron virar a estribor. A maniobra foi fallida, polo que se recompuxeron para voltar a intentalo. Voltaron a fallar. Non hai problema, todavía temos marxen, pensaron para sí.

Entre tanto Manuel e Julia en principio adoptaron un rumbo máis aberto, máis cercano a terra, e con menos maniobras se dispoñían a superar a boia. A distancia que os separaba do outro equipo ía desaparecendo o non ser capaces estes de superar a segunda boia. Pasaron a boia con facilidade, sendo testigos das dificultades dos seus opoñentes. Xa so lles quedaba un tramo de empopada para celebrar a súa victoria.

Foi un final que non se podía intuir según como se desenvolvera a primeira parte da proba. A verdade con dous barcos, non poido haber máis emoción. Que ocorrería con catro barcos?

Felicidades os gañadores.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Espectacular, ler esta crónica me fixo sentir como si o vivira.

Manuel

Anónimo dijo...

Unha crónica estupenda.

-Ton-