jueves, 22 de octubre de 2015

Vigo Bay Laser Extreme.

Abandono por KO

Cando me chegou o aviso por parte de Manuel Veiga informando sobre a organización dunha proba de vela de resistencia sobre Laser por parte do Liceo de Bouzas, en ningún momento se me pensei nas consecuencias. Inmediatamente me puxen en contacto con el para dicirlle que si. Si quero. O preciso. Teño mono. Despois de animar durante catro anos seguidos o Campionato Social do Clube Náutico Cobres, quedando seco e esgotado da súa organización, que noutro clube (xa que no meu non foi posible), xurdan outras ideas, outras actividades, o mínimo que podía dicir e siiiiiii.

Quedamos Benito e eu en representar a vela do Náutico Cobres pero desgraciadamente o meu compañeiro de múltiples batallas, co cal me alegraba reencontrarme nestas mesteres, xurdiulle un asunto máis importante, quedándome sen posibilidade de participación. Por carambolas da vida, Antón Camarero tamén se quedou sen compañeiro e rescatoume.

A proba, trátase dunha regata de resistencia, competindo equipos formados por dúas persoas, onde cada membro da unha volta o percorrido. A duración da competición era de seis horas, seguindo ese percorrido, coas tripulacións relevándose en cada volta. A embarcación, como antes comentei, era o laser. Un barco descoñecido para min, con fama de duro, pero o Liceo de Bouzas daba a posibilidade de utilizar as súas embarcacións da escola de vela e adestrar algúns dias previos a proba, polo que me dixen a min mesmo: porque non?

Como o formato era novidoso, houbo que facer un ensaio e comprobar como ía ser a dinámica da competición no relevo. Como plataforma de cambio se utilizaron zodiacs fondeadas. A verdade que o cambio lle daba un punto distinto a proba. Ese ensaio o realizamos na dársena de Bouzas con un día de pouco vento e a cousa foi ben. Eu encontreime cómodo co barco e o ensaio foi suficiente como para sacar conclusións de como podía ir a proba.

A fin de semán anterior a proba, puidemos ir novamente a adestrar, pero o sábado había moito máis vento. Ese día sufrín a falta de adaptación o Laser, custándome moito que navegase con soltura e xa comecei a terlle un pouco de ríspeto a cousa. Cinguindo e en popa a cousa se miraba distinta, máis complicada e traballosa. O barco pedía constantemente que o contrapesara, cazara, orzara e viceversa. Non deixaba ningún momento de relax, demandando atención e concentración para telo sempre vivo. O domínao con ventos un pouco menos esixentes xa tiven mellores sensacións, estando moito máis cómodo. Polo tanto, si podía elixir un prognóstico de tempo pediría: ventos frouxos a moderados.

Pero claro, no nome "Vigo Bay Laser Extreme" había un adxectivo que se tiña que cumprir, "Extreme". E se cumpriu! Previsión de vento do leste e con rachas de 30 nos. Vento do leste? Si un vento extrano para esta esquina da península ibérica, pero as borrascas que soen pasar por enriba de Galicia, neste caso pasou moi por embaixo. Menos mal, por que o EXTREME podería converterse en SUPEREXTREME, coa cantidade de veces que as tripulacións foron o auga, so faltaba ventos frescos ou fríos para minguar as forzas dos integrantes dos equipos. O aire seco e quente ambientou unha regata con temperaturas e olas case mediterráneas.

Antón, que levou o primeiro relevo, fixo unha espléndida saída, sendo o primeiro en cruzar a liña que forman a boia e o barco do comité de regata. Despois da primeira volta tocábame a min, e fixen o que puiden. Pero segundo ían pasando as voltas, a miña sensación estaba sendo contraditoria, en vez de querer que Antón chegara antes, prefería que cada vez se tomara máis tempo. Como pode ser iso si estaba inmerso nunha competición? Non son eu un tipo competitivo? Unha persoa que lle gusta medirse fronte os demais?

A realidade é que collendo o rumbo ata a boia de sotavento, o barco non era capaz de imprimirlle velocidade. Si orzaba, ameazaba con volcar e si me aproaba se freaba. A cousa non era mellor cando os ventos empuxaban por popa, o barco quedaba a capricho do vento e das olas, e o meu único pensamento era "como vou eu a frear eu isto". Segundo ían pasando os relevos o vento foi crecendo en intensidade, e eu cada volta pasaba máis tempo na auga e menos no barco. Por primeira vez na miña vida me sentín impotente, incapaz. Pese a ter forzas para adrizar o barco, non tiña valor para poñerme a caña para intentar gobernalo, sentía o medo a voltar a ser tirado o auga pola embarcación, como si dun cabalo se tratase o intentar domalo. Estaba KO.

Pese a non estar a altura do que o meu compañeiro se merecía esa tarde, non todo foi negativo. Como ben comentaba Carlos Mallo o mellor lugar para seguir unha regata é dende dentro. O espectáculo foi grandioso, desfrutar da navegación dos gañadores Alvaro Sobral e Antonio Parra, ver en acción a o medallista en Moscú Miguel Noguer, ben merece poñerse a remollo e sufrir uns poucos golpes. Tamén é de destacar o estupendo papel de Lolo, Carlos e Nico. Deume pena que Juan e Rafael, ideólogos, animadores e axitadores do evento, non ocuparan un mellor lugar na clasificación, como merecían.

Quédome con esta espiña cravada e con moitas gañas de quitarma. O estreo en laser foi intenso e con retrogusto, como beber vodka, primeiro queima o entrar no corpo ata o estómago e despois se aprecian os aromas agradables do licor. Espero ter máis oportunidades de participar en regatas como esta e en mellor condición.

Vídeo resumo dos mellores momentos da regata

lunes, 9 de junio de 2008

Os intocables


É así como podemos calificar a Manuel Veiga e a Julia Mencía, intocables. Nesta, a súa última regata do campionato, se mostraron como no resto dos enfrentamentos , moi concentrados e sin cometer ningún solo erro, dominando a manga de principio a fin. Estaban ben colocados na saída e colleron moi ben o rumbo o tocar a bocina, sacando unha ventaxa que a postre sería definitiva. Hai que comentar no seu favor, que o sair máis temprano do habitual non tiveron tempo de repostar no bar, polo que os rumores de que o seu rendemento tiña que ver con ir dopados as regatas, erán claramente malintencionados e faltos de rigor. O que si saben, estos campións (xa lle podemos chamar así), e disfrutar destos sábados do campionato. Creo que lle teríamos que dar outro trofeo só por iso. Felicidades CAMPIÓNS.

A regata estivo marcada, por segundo sábado consecutivo polo vento intermitente. A cita era moi interesante, xa que Lorenzo e a súa proel (tampouco podo chamala polo seu nome), sustituta de Manuel Veiga, tiñan que gañar é ademáis facer puntuar a Manuel e Julia para poder empatar na clasificación do campionato. Eso non sería suficiente para gañar, xa que estos últimos terían que entrar en terceiro lugar para poder igualar o seu peor resultado, un tercer posto da anterior regata. Pero non tiveron sorte. Sobroulles un segundo na saída, ian en dirección a zodiac esperando un bocinazo que non chegou a tempo, polo que tiveron que virar para non sobrepasar a liña imaxinaria entre a lancha e a boia de saída. Este pequeno incidente os turbou un pouco, quedandose un como aturdidos. De case saír primeiros saíron de últimos. Pero a súa mala sorte non quedou ahí, dende fora da súa embarcación se podía apreciar como ían achicando auga e o acercarnos o seu barco nos demos conta de que tiñan o valeirador proa medio aberto. De sair primeiros non sei si poderían ir moi lonxe con ese problema. Despois destes dous incidentes non poideron acercarse os demais barcos e cruzaron a meta en cuarto lugar.

Ton e Xabier Rosas tamén tiñan as súas posibilidades. Tiñan un abandono por unha rotura da botavara na primeira cita, pero co último cambio de calendario tíñan unha posibilidade de descontar o peor resultado. Só lles valía gañar e obrigar a puntuar a Manuel e Julia. Sairon en segundo lugar, pero o vento, máis ben a falta del, lles distanciou de tal forma de Manuel e Julia, que non lles foi posible reducir a ventaxa. Finalmente conseguiron cruzar a menta en segundo lugar.

Esa segunda praza a pelearon con Xabier Araujo e Benito (que sustituia a Jesús Collazo). E que pelea, das que fan afición. Foi a loita máis intensa de todo o campionato e como proba as dúas fotos finish (foto1, foto2), onde se pode apreciar que esa segunda praza foi gañada por medio metro escaso. Os dous barcos pasaron a duras penas a liña de saída e a loita non se empezou a apreciar ata a virada a segunda boia na que parecian con ventaxa Ton e Xabier Rosas. Xabier Araujo e Benito coláronselles polo interior antes do paso da primeira boia, ceñindo con máis intensidade. Nesto se poido apreciar a diferencia de estilos de navegación, moito máis o límite e agresiva a de Xabier Araujo e Benito frente os rumbos e as trazadas de Ton e Xabier Rosas. As aparentes ventaxas de Xabier e Benito eran neutralizadas por Ton e Xabier o chegar as boias. Houbo polo menos tres ou catro adiantamentos entre eles e o tramo final foi de infarto. Chegando, Ton e Xavier, a terceira boia con ventaxa, esta foi reducindose ata abalanzarse Xabier e Benito sobre eles. Ton e Xavier reaccionaron tapando o oco interior entre eles e a boia ata a virada de saída, que deu a segunda praza a Ton e Xavier, como ben se pode apreciar nas fotos do albún web.

Xa só queda definir o segundo e tercer posto, o primeiro xa ten dono Manuel Vidal e Julia Mencia.

Un día máis parabens os gañadores e os non gañadores.

lunes, 26 de mayo de 2008

Solución pendente

A proba do 24 de maio quedou suspendida por incomparenciencia de dúas tripulacións e a ameaza da ausencia do vento.

Polo que a solución do campionato quedou pendente o próximo envite, onde faremos unha dobre sesión. Un primeiro turno as 16:00 horas cos convocados o 24 de maio e un segundo turno as 18:00 horas cos invitados o 31 de maio. Rogamos a maior puntualidade posible, para que a esas horas a xente este lista para empezar a montar os barcos. Aproveitaremos o final para facer unha pequena reunión para tratar sobre o final do campionato.

Só saíron Tom e Manuel Guimarey e Manuel Veiga e Julia Mencia. Saíron sen moita fe de poder navegar e disfrutar a tarde. Tanto era o medo que as dúas tripulacións levarón un remo por si as moscas.

Os peores augurios non se confirmaron e a tarde estivo perfecta para navegar. Pena da regata que non fixemos!. Ata nos atrevimos a rodear a illa de San Simón.

Tal foi o relax, que houbo unha tripulación que fixo un "picnic" a bordo. Manuel e Julia levaban unha merendiña, que por suposto non compartiron coa outra tripulación e que meteron no barco as escondidiñas. Non se sabe como, pero se organizan cun só fin: disfrutar a tope do campionato. Que si cubatitas por aquí, que si merendiñas por alá, cerveciñas por acolá.

E como o día ia de relax acabamos no bar facendo a segunda volta.

Saudiños a tódolos navegantes.

viernes, 23 de mayo de 2008

Intermitentemente

Si tiveramos que destacar algo da proba do pasado día 17 e o vento intermitente que marcou o trascurso da regata. Eso a fixo distinta, menos intensa, menos épica. En certos momentos había combate, noutros calma. Uns nun extremo tiñan vento, outros o desexaban.

Esta característica das condicións atmosféricas marcaba a importancia das decisións que se ian tomando en cada instante. Con abundancia de vento un se pode equivocar, cuantificar o equivoco rápidamente é rectificar no instante seguinte. Pero sin o fluido elemento, a equivocación non é tan inmediata de avaliar, polo que as decisións poden tardar tempo en manifestar o resultado, en consecuencia marcar máis a diferencia.

Outra novidade e que deixamos atras as dúas boias, para pasar o triángulo. Pero esto quedou eclipsado pola falta de vento. Polo que a dificultade non estaba no trazado dos rumbos, senón en como sacar o maior partido o aire que se movia.

A sáida foi simpática, por non dicir outra cousa, por patetica o non haber nada de vento e os equipos estar fitando uns os outros sen poder facer nada. No momento que a bocina tocou, o vento estaba calmo. O que en condicións normais dura 20 ou 30 segundos durou un minuto ou máis. A cámara lenta e cos actores suxeitando as velas e contrapesando o barco para que este se desplazara máis rápido.

A saída a tomaron Benito e Adrían en primeiro lugar seguidos de Lorenzo e o seu proel (o cal se me olvidou preguntarlle o nome, polo cal será no resto da narración proel). Estos estivan máis cerca da liña de saída no momento no que o sol desapareceu e como consecuencia desenerxizou o aire, provocando o parón. Estes tomáron rumbo hacia a boia trazando o camiño máis corto. En cambio Yago e Natalia e Javier e Susana ante a falta de vento intentaron abrir o rumbo mar adentro, pero cando non hai non hai, o ser máis longo o traxecto tardarón máis en chegar a segunda boia.

No primeiro longo parecia que a loita ia a ser en parellas. Pero eso se foi aclarando de tirón en tirón de vento. Como o vento dependía do ceo anubado e nunhas partes estaba claro e noutras oscuro o azar infuía a hora de repartir os impulsos. Cando uns estaban parados outros estaban en movemento, os que se movían paraban e os parados voltabanse a impulsar. E inmersos nesta ruleta do vento os que teñen ventaxa son os que van diante, co que no segundo tramo Benito e Adrián en función dun vento que os impulsou antes a eles que a Lorenzo e o seu proel, adquiriron ventaxa para chegar a terceira boia.

Algo parecido e o que lles ocorreu a Yago e Natalia que se despegaron de Javier e Susana. Nestas posicións empezaron a segunda volta subíndose e vaixándose nesta montaña rusa, onde o observador podía apreciar as velas abombandose en cadea e desinchandose no mesmo orde.

Os paróns podían levar a sentir sensacións ben distintas. A Benito e Adrián os poñia na tensión de poder ser collidos. A Javier e Susana os podía facer sentir a impotencia de non poder cazar os seus predecesores. Lorenzo e o seu proel e Yago e Natialia poderían ter unha mezcla das dúas ou as dúas según estiveran inmersos nunha corrente de vento ou non.

A tensión dos primeiros postos se ia diluindo o ir acercandose os últimos lugares da clasificación da manga. Con resignación Yago e Natalia estabán disfrutando dun relaxante parón, onde a distancia con Javier e Susana non era inquietante, cando unha racha alimentada polo sol incidiu sobre as súas velas con forza. Esa presión velica ten que ser regulada rapidamente, para correxir a forte inclinación que colle o barco, o que non ocorreu esta vez. Yago e Natalia acabaron na auga. Mal vestidos e mollados decidiron ir a terra, deixando a terceira praza en bandexa a Javier e Susana.

Esto deixa a clasificación do campionato cun liderato claro e en solitario, Manuel Veiga e Julia Mencia. Polo que na próxima proba si non penalizan serán os claros gañadores do campionato.

Coma sempre o premio ven o remate. Cando estábamos recolledo un grupo de arroas que estaban pescando, apareceron polas inmediacións do clube. Nos aproximamos a eles coa zodiac, pero non poidemos chegar máis preto co remo. Erán un grupo de 8 ou 9 con crias incluidas. Un bonito premio para todos.

Finalmente rematamos a xornada cun "viñaso" no chiriguito de Deilan. Eso de rematamos é un dicir, xa que quedou parte da botella na mesa, polo que esta segunda manga quedou en taboas.

Parabéns os gañadores.

sábado, 17 de mayo de 2008

Cousa de dous

O pasado 10 de maio foi unha das datas definitorias do campionato. Se voltaban a enfrentar dous dos equipos máis fortes, e só un sairía beneficiado. Chegaban a este enfrentamento, Adrián e Benito, con 0 puntos e Manuel Vidal e Julia con 1 punto de penalización. Os outros dous equipos, Alicia e María (sustituíndo a Jesús Ferral) e Javier Marrero e Susana, estaban xa distanciados na clasificación, pero se podían meter na loita da manga e facer de árbitros da contenda, como finalmente ocorreu.

A clave estivo na saída, cando soaron os 10 segundos finais Adrián e Benito estaban mellor colocados, seguidos de cerca por Javier e Susana. Manuel e Julia estaban un pouco mais lonxe e as máis distanciadas María e Alicia. A lóxica das cousas dictaba que Adrián e Benito sairían como un foguete, dominarían e gañarían a proba. Pero ás veces as cousas non ocorren con lóxica, e as nosas cabezas nos xogan malas pasadas, cometendo erros que, os nosos opoñentes que están á rapiña, aproveitan sen dudar. No campionato temos varios exemplos, como cando Manuel Guimarey e Yago Cereijo deixaron escapar unha victoria o errar na virada, ou cando Manuel Vidal e Lorenzo pasaron a boia en primeiro lugar por estribor en vez de babor. Pero que sería deste campionato sen erros tan memorables?.

Estes dous casos se unen o erro da saída de Adrián e Benito, cando só tiñan que cruzar a liña imaxinaria entre a boia e a zodiac, Benito dubidou si ían a cruzar bén a boia por babor, trasmitíndolle a dúbida a Adrián. O peor é que esa dúbida se proxectou fora da embarcación de Adrián e Benito, chegando a trasmitirse á tripulación de Javier e Susana que confundidos tardaron uns segundos máis da conta en cruzar a liña de saída. Un pouco máis lonxe, sin darse conta do que estaban a vivir as tripulacións de Adrián e Benito e Javier e Susana, Manuel e Julia colleron rumbo a primeira boia colocándose claramente en primeiro lugar. María e Alicia un pouco máis despistadas non poideron aproveitar a ocasión, pero se uniron as outras dúas embarcacións na pelea polo segundo posto.

Esa pelea foi unha das máis interesantes e entretidas do campionato. Javier e Susana ocuparon o segundo lugar da saída despois de Manuel e Julia. Moi cerca deles estaban Benito e Adrián con María e Alicia. Por momentos, no tramo de ceñida, non se sabía que lugar estaban ocupando, e eu diría que as posicións ían variando según as decisións que se tomaban as tripulacións. Pero as imprecisións nas apreciacións durante os longos, se aclaran ó chegar as boias, e na segunda boia Javier e Susana chegaron segundos, pero chegar antes non quere dicir que saias antes. Eles tardaron uns instantes en virar, deixando a oportunidade de adiantalos a Adrián e Benito. Tamén os adiantaron María e Alicia, ocupando desta forma a terceira praza. Este cambio de posicións foi posible porque a chegada a esta segunda boia foi moi apretada, con maniobras moi axustadas e moi o límite.

Si o tramo de ceñida tivo moita emoción o de empopada non defraudou. Como o obxectivo era a segunda praza e María e Alicia e Javier e Susana a tiñan cerca, presionaron a Adrián e Benito. As distancias se acortaron, María e Alicia chegaron en algún momento a estar pegados a Adrián e Benito. Ó finalizar este tramo, na boia de saída pasaron Adrián e Benito en segundo lugar, moi seguidos de María e Alicia, Javier e Susana un pouquiño mais atrás.

O último tramo de ceñida sería decisivo. Non para Manuel e Julia que administraban a distancia con comodidade, pero sí para os outros tres. Como os barcos son moi similares e o nivel das tripulacións son parecidos, as diferencias son mínimas, polo que as tácticas son o que diferencian a unhas tripulacións sobre outras. Eso foi o que pensaron María e Alicia. Mentres Adrián e Benito adoptaron un rumbo máis en liña coas boias, María e Alicia se abriron hacia dentro da ría nun rumbo aparentemente máis longo pero con menos viradas. Javier e Susana seguiron os pasos de Adrián e Benito ós que conseguiron alcanzar e eu creo que sobrepasar, noutro momento de crise que tivo a mencionada tripulación. Pero quen chegou en segundo lugar a segunda boia, despois de Manuel e Julia, foron María e Alicia. María aproveitou o máximo o factor cancha e o coñecemento da zoa, xa que o campo de regatas está frente a súa cociña, polo que mentres frega os platos, cociña un polo ou se relaxa tomando unha cervexa estudia os ventos , correntes e olas.

Estando as dúas primeiras posicións definidas só quedaba por saber o terceiro e cuarto posto que finalmente serían ocupados por Adrián e Benito e Javier Marrero e Susana. Estes últimos o fixeron moi bén, estiveron en todo momento na pelea, pero lles faltou definición nos momentos claves. De seguro que venderán a pel moi cara no próximo enfrentamento.

Coa victoria para Manuel e Julia sobrepasan a Adrián e Benito na clasificación, afianzándose na cabeza en dura pugna con Manuel Vidal e Lorenzo.

Na segunda manga, a do bar, Manuel e Julia seguiron dominando, pedindo unha Tónica con Xenebra, frente a unhas cervexas e refrescos do resto. Antes da primeira manga Manuel e Julia, xa pasaran polo bar e pediran dous güisquis, tería algo que ver eso no resultado?

Parabéns ós gañadores.

viernes, 9 de mayo de 2008

Quen o podía imaxinar?



O pasado 26 de abril tivemos o carto enfrontamento do campionato. Foi a primeira vez que saíron os catro barcos á vez o cal lle aportou maior competitividade. De feito, pode dicirse que foi a manga con máis variacións de liderato de tódalas disputadas, polo tanto, a máis emocionante.

Nunca poderían imaxinar Ton Touza e Manuel Guimarey (sustituíndo a Xabier Rosas) que saíndo en terceiro lugar, volcando durante a proba, chegarían a cruzar a meta en primeiro lugar.

Nunca poderían imaxinar Manuel Vidal e Lorenzo de Benito que despois dunha saída brillante, cometerían o erro de pasar a segunda boia a estribor, cambiando unha folgada primeira posición por unha terceira, e rematando a proba en segunda posición.

Nunca poderían imaxinar Yago Cereijo e Natalia Botana que dende o último posto, chegarían a liderar a proba, para o final acabar na mesma posición que tiveron de saída.

Nunca poderían imaxinar Jesús Collazo e Benito Fernández (sustituíndo a Xabier Araújo) que saíndo moi bén colocados, nunha segunda posición, chegarían a ir no último lugar e que rematarían nun terceiro posto.

Como ven sendo a tónica do campionato, o que máis está marcando o transcurso das distintas probas, son os erros. Polo que despois da boa saída de Manuel e Lorenzo, si non fora polo incidente da segunda boia, non sería fácil darlles alcance, como aconteceu na segunda proba do campionato que gañaron claramente.

Esa era a oportunidade que estaban esperando Ton e Manuel, despois de superar fácilmente a Jesús e Benito o coller un rumbo non moi adecuado para acadar a segunda boia. Pero esta oportunidade se tornou en inoportunidade, cando unha escota trabada os levou o auga. Estes despois dunha rápida maniobra de izado, cando se situaron novamente en disposición de disputar a carreira, non podían dar crédito o que lle facían ver os seus ollos, Yago e Natalia estaban por diante deles e colleran a cabeza. Pero estes dous non ían de últimos?, exclamaron para os seus adentros.

A virada da segunda boia marcaba o comezo da segunda parte da carreira. Con Natalia e Yago liderando o tramo de empopada, seguidos de Ton e Manuel, e cerca deles Manuel e Lorenzo.

Un parón de vento viu a añadir máis emoción, o que obrigaba a afinar a estratexia e buscar o rumbo máis adecuado para exprimir ó máximo o rendemento de ese aire en movemento.

Yago e Natalia se ceñiron máis a boia e Ton e Manuel buscaron separarse de terra para empurrarse con mellor vento e despois ter unha maniobra máis cómoda na boia de saída. E esta última decisión, foi finalmente a máis acertada. Natalia e Yago viron con impotencia como Ton e Manuel os alcanzaban, viraban en posición ventaxosa e collían a cabeza. Literalmente se quedaron cravados nesta boia, xa que Manuel e Lorenzo e Jesús e Benito tamén aproveitaron a ocasión de deixalos atrás.

O resto da proba non ten moito máis que contar, as tripulacións se adicaron a administrar as ventaxas, tentar minimizar as desventaxas e non cometer erros. Ó atravesar a meta, as sensacións foron moi agradables, despois de tantas emocións durante unha proba tan disputada.

De feito, despois de tanto pique, foi necesario realizar unha segunda manga. Pero eso sí, despois de recoller o material e na cafetería. Comentamos as anécdotas da proba e nos xuramos, uns os outros, que na seguinte non perdoaríamos. Nesta segunda manga destacouse en solitario Lorenzo, invitando ó resto as cervexas e cafés. Gracias Lorenzo.

Parabéns os gañadores.

sábado, 12 de abril de 2008

De principio a fin

Alfa e omega. Este comezo tan bíblico vén a conto do que aconteceu na terceira regata do campionato social do pasado día 12 de abril. Foi unha regata onde todo o que aconteceu é como se estivera predeterminado previamente, como si estivera escrito nalgures. Non houbo ningún imprevisto, ningunha sorpresa, e os acontecementos fluíron de principio a fin sen que ninguén poidera cambialos.

Se presentaron tres tripulacións plagadas de sustitutos: Manuel Veigal e Julia Mencía, Jesús Ferral e Xabier Cortegoso (sustituíndo a Alicia Meira) e Javier Marrero e Susana (sustituíndo a Pilar Ureta).

As posicións de saída marcaron o resultado final da regata. Nela estiveron moi finos Manuel e Julia que saíron en primeiro lugar, moi decididamente, cara a segunda boia. Tras eles, seguíndoos se colocaron Jesús e Xabier e Javier e Susana neste mesmo orde. Os perseguidores de Manuel e Julia viron como eles se alonxaban sin que estes lle deran nin a máis mínima posibilidade de achegarse, dende o principio o fin, ocuparon a primeira praza.

Jesús e Xabier ocuparon a segunda posición na saída vendo que Manuel e Julia se lle escapaban sin eles poder facer nada. Por atrás non lles ameazaban, polo que obtiveron a segunda praza sen problemas.

O terceiro equipo, Javier e Susana tampouco tiveron ningunha posibilidade de loitar pola regata. Susana era a primeira vez que se montaba nun barco, e o día non era como para dar un paseiño de iniciación, co seu aspecto gris, vento e auga. Ela, que o principio se mostrara impresionada cando lle comentamos a posibilidade de volcar, finalmente se quedou encantada do seu bautizo de mar. Alfa e omega, como rezan as pilas bautismales, bén que se bautizou. Probou a auga salgada, como está escrito para todo bó principiante que se precie. E prometeu que voltaría a navegar, pecadores nacemos e pecadores seguimos sendo, despois de non mostrar ningún arrepentemento de lanzarse a aventura de navegar. Pese a intentalo, non chegaron a rematar o percorrido e se acabaron retirando mortos de frío.

Como non hai principio sen fin, só queda felicitar os gañadores.