viernes, 9 de mayo de 2008

Quen o podía imaxinar?



O pasado 26 de abril tivemos o carto enfrontamento do campionato. Foi a primeira vez que saíron os catro barcos á vez o cal lle aportou maior competitividade. De feito, pode dicirse que foi a manga con máis variacións de liderato de tódalas disputadas, polo tanto, a máis emocionante.

Nunca poderían imaxinar Ton Touza e Manuel Guimarey (sustituíndo a Xabier Rosas) que saíndo en terceiro lugar, volcando durante a proba, chegarían a cruzar a meta en primeiro lugar.

Nunca poderían imaxinar Manuel Vidal e Lorenzo de Benito que despois dunha saída brillante, cometerían o erro de pasar a segunda boia a estribor, cambiando unha folgada primeira posición por unha terceira, e rematando a proba en segunda posición.

Nunca poderían imaxinar Yago Cereijo e Natalia Botana que dende o último posto, chegarían a liderar a proba, para o final acabar na mesma posición que tiveron de saída.

Nunca poderían imaxinar Jesús Collazo e Benito Fernández (sustituíndo a Xabier Araújo) que saíndo moi bén colocados, nunha segunda posición, chegarían a ir no último lugar e que rematarían nun terceiro posto.

Como ven sendo a tónica do campionato, o que máis está marcando o transcurso das distintas probas, son os erros. Polo que despois da boa saída de Manuel e Lorenzo, si non fora polo incidente da segunda boia, non sería fácil darlles alcance, como aconteceu na segunda proba do campionato que gañaron claramente.

Esa era a oportunidade que estaban esperando Ton e Manuel, despois de superar fácilmente a Jesús e Benito o coller un rumbo non moi adecuado para acadar a segunda boia. Pero esta oportunidade se tornou en inoportunidade, cando unha escota trabada os levou o auga. Estes despois dunha rápida maniobra de izado, cando se situaron novamente en disposición de disputar a carreira, non podían dar crédito o que lle facían ver os seus ollos, Yago e Natalia estaban por diante deles e colleran a cabeza. Pero estes dous non ían de últimos?, exclamaron para os seus adentros.

A virada da segunda boia marcaba o comezo da segunda parte da carreira. Con Natalia e Yago liderando o tramo de empopada, seguidos de Ton e Manuel, e cerca deles Manuel e Lorenzo.

Un parón de vento viu a añadir máis emoción, o que obrigaba a afinar a estratexia e buscar o rumbo máis adecuado para exprimir ó máximo o rendemento de ese aire en movemento.

Yago e Natalia se ceñiron máis a boia e Ton e Manuel buscaron separarse de terra para empurrarse con mellor vento e despois ter unha maniobra máis cómoda na boia de saída. E esta última decisión, foi finalmente a máis acertada. Natalia e Yago viron con impotencia como Ton e Manuel os alcanzaban, viraban en posición ventaxosa e collían a cabeza. Literalmente se quedaron cravados nesta boia, xa que Manuel e Lorenzo e Jesús e Benito tamén aproveitaron a ocasión de deixalos atrás.

O resto da proba non ten moito máis que contar, as tripulacións se adicaron a administrar as ventaxas, tentar minimizar as desventaxas e non cometer erros. Ó atravesar a meta, as sensacións foron moi agradables, despois de tantas emocións durante unha proba tan disputada.

De feito, despois de tanto pique, foi necesario realizar unha segunda manga. Pero eso sí, despois de recoller o material e na cafetería. Comentamos as anécdotas da proba e nos xuramos, uns os outros, que na seguinte non perdoaríamos. Nesta segunda manga destacouse en solitario Lorenzo, invitando ó resto as cervexas e cafés. Gracias Lorenzo.

Parabéns os gañadores.

No hay comentarios: